Probablemente algún de vos se preguntara algunha vez como se desenvolvería a vida na Terra no futuro se o Ser Humano se extinguise, ou que habería acontecido se o asteroide que provocou a extinción dos dinosaurios a finales do Cretácico nunca houbera existido. Iso é ao que se lle chama Evolución Especulativa, o análisis da bioloxía ou os camiños evolutivos de criaturas ficticias, forxadas na inagotable imaxinación do Ser Humano.
Quizáis a primeira manifestación de este tema (sen contar posibles bestiarios antigos) sexa Formas e vida dos Rinogrados (1957), unha magnífica obra escrita polo fisiólogo alemán Gérolf Steiner baixo o pseudónimo de Harald Stumpke, na cal amosaba con todo tipo de detalles a vida e os aspectos evolutivos dos Rinogrados, un primitivo e estrafalario orden de mamíferos que dende el período Cretácico había quedado aislado no arquipélago de Hi-yi-yi, e cuxos representantes habían desenvolvido a peculiar cualidade de desplazarse sobre os sus apéndices nasais.
No ano 1981 o paleontólogo británico Dougal Dixon, coñecido por diversos libros sobre paleontoloxía e xeoloxía, publicou After Man: a Zoology of the Future (Despois do Home: a Zooloxía do Futuro), que nos abre unha porta hacia unha época futura, 50 millóns de anos despois da nosa era, na que a vida evolucionou libre da influencia humana. Esta obra, posuidora de excelentes ilustracións, foi un elemento clave para a exteriorización do tema da evolución especulativa.
Dixon escribiu outros dous libros relacionados e igual de polémicos.
Un deles é The New Dinosaurs: an Alternative Evolution (Os Novos Dinosaurios:
unha Evolución Alternativa) publicado no ano 1988, e no que imaxina como podería ser o mundo presente se o asteroide que fai 65 millóns de anos impactou contra a Terra e produciu a gran extinción en masa de moitos organismos, incluíndo a dinastía dos dinosaurios, non houbese existido xamáis.
O outro é Man after Man: an Anthropology of the future (Home despois do Home: a Antropoloxía do Futuro), no que nos expón outro escenario futuro, esta vez sobre os diferentes camiños evolutivos do Ser Humano, baseándose na inxeñería xenética.
Máis tarde, no 2003 estrenouse a serie documental Futuro Salvaxe (The Future is Wild), unha producción de Discovery Channel (e na que tamén participa Dougal Dixon), que intenta demostrar como podería ser a Terra dentro de 5, 100 e 200 millóns de años no futuro, con imaxes creadas por ordenador de animais futuristas sobre fondos reais.
"Dende os tempos máis remotos o Ser Humano especulou sobre todo o intanxible que o rodea.
Reflexionamos sobre o que ocorre despois da muerte e sobre a existencia de diversas e misteriosas criaturas habitando o noso planeta. Nós indagamos sobre a orixe do Universo, o pasado da Terra e incluso a vida fora dela. Pero quizáis a incógnita máis importante para nós sexa hacia donde vamos, cal e o noso futuro. Sin embargo, hoxe en día, outra pregunta alzouse entre as moitas existentes
¿Como será ese futuro SEN nos? ¿Como se desenvolverá a vida neste planeta cando xa non estemos?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario